Friday 22 de November de 2024

Diana Cabanas visita o Mercado das Nubes do Nadal, onde mandan as propostas eco e solidarias


Durante a fin de semana realizarase unha recollida de alimentos para a Cociña Económica

A concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, visitou esta tarde o mercado das Nubes, un mercadillo de Nadal que abre as súas portas na praza de San Agustín durante esta fin de semana de 12.00 a 21.00 horas Neste mercado de Nadal cítanse 58 propostas comerciais que inclúen artesanía. gastronomía, cosmética e téxtil, ademais de propostas ecolóxicas e solidarias que traballan en diversos programas de inclusión.

A concelleira animou os coruñeses e as coruñesas a visitar o mercadillo, onde distintas empresas mostran “unha maneira diferente” de crear e realizar os seus produtos, e a participar na recollida de alimentos para a Cociña Económica.

Trátase, din os seus organizadores, dunha alternativa comercial, de lecer e gastronómica necesaria na cidade para quen busca produtos diferentes. Comparten espazo expositores de complementos, de ilustración, artesanía, arte, gourmet, de roupa…

A música tamén será protagonista nesta fin de semana. O emblemático edificio coruñés acollerá actuacións musicais, presentacións, talleres e espazos para a cativada. Tamén organizan unha “quedada” onde preto de 100 persoas bailarán ao ritmo do swing e a veciñanza terá unha cita Urban Sketchers para retratar o edificio e máis actividades.