Saturday 16 de November de 2024

Boqueixón prevé executar melloras nunha vintena de pistas a través do POS+2020


O Pleno deu luz verde a estas actuacións e ás previstas nos plans complementarios cos votos a favor do executivo do PP

A Corporación de Boqueixón celebrou esta semana unha sesión extraordinaria na que se deu luz verde ao Plan Único de Concellos POS+2020. O punto aprobouse cos votos a favor do grupo de goberno do PP.

Na súa intervención, o alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, lamentou que “este ano a partida destinada por parte da Deputación da Coruña para este plan veuse reducida en máis de 86.000 con respecto á do ano anterior, polo que o esforzo inversor se atopa máis limitado. Aínda así, seremos quen de acometer unha vintena de actuacións que mellorarán as infraestruturas viarias nas distintas parroquias”.

Do montante de 422.963,45 € do POS+2020, destinaranse ao financiamento de gastos correntes un total de 196.247,87 €. Os 226.715,58 euros restantes destinaranse a unha vintena de melloras en infraestruturas viarias. Estas agrúpanse en distintos bloques:

a) Proxectos do PAI 1 e PAI 2, por valor total de 179.221,80 euros, que inclúen actuacións en melloras do firme viario nas distintas parroquias do concello:

• Reforma dos interiores de Casaldesuso
• Mellora do camiño de Casaldesuso a escola
• Reforma do viario entre Pedrouzo e a Igrexa de Pousada
• Mellora dos interiores de Rebordaos
• Asfalto ata os Invernadeiros
• Asfalto no campo da festa da igrexa
• Mellora do cruce de Melón a Gastrar
• Actuación nos interiores en Caraban
• Actuación no tramo de Eirexe
• Mellora da vía de servizo de Breixo
• Reforma na vía de servizo de Eirexe
• Reforma en interiores o Casal
• Mellora do firme viario en Manlle de Arriba
• Pista ata a rúa Agronovo (Lestedo)
• Mellora do firme do viario de Reboredo a Carballón
• Curce de Castro a Noente

b) Achega do POS 2019 por un importe de 47.493,78 €, dos cales unha parte destínase a pago a provedores (29.564,39 €). O montante restante derívase a un proxecto por un importe total de 17.929,39 euros destinado a melloras en viarios municipais.

Plans Complementarios POS 2020

A maiores, contémplanse unha quincena de proxectos que se incluirían nos plans Complementarios ao POS 2020, cun orzamento de arredor de 262.199,18 €.