O Concello de Padrón organiza este luns 23 de decembro, ás 18:00 horas, un espectáculo para familias, que terá lugar no Auditorio municipal. Unha xornada teatral a cargo do grupo Excéntricas e Teatro de Adro con Víctor Mosqueira e Josito Porto. Baixo o título Cartoóns, ofrecese unha representación para que desfruten os máis pequenos e pequenas.
Ademais, paralelamente, e aproveitando a cita teatral, no mesmo Auditorio, recolleranse xoguetes. Como explican dende o goberno local, o obxectivo é que todos os nenos e nenas poidan recibir un agasallo este Nadal.