O Pleno do Concello de Touro aprobou un investimento de 417.000 euros en obras e infraestructuras para o próximo ano e que se fará a través do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS+ 2020) Plan Único de Concellos impulsado pola Deputación da Coruña. O investimento foi aprobado no Pleno celebrado o pasado día 18 de decembro e contou co apoio do grupo de Goberno (PP) e os votos en contra da oposición. A concelleira do PSdeG-PSOE, non estivo presente.
Un total de 345.200 euros chegan a través do POS+ 2020. E irán destinados na súa maior parte á mellora de infraestructuras. Entre as acción definidas están, por exemplo, a mellora da seguridade viaria en Tribas (Loxo); a mellora do firme do viario de acceso a Barrido (Beseño); o interior en Calvos de Abaixo (Calvos de Socamiño); a mellora da seguridade viaria en Porcariza (Vilar); a mellora das pistas de Bugalleira á AC-250 (Vilar), de Bamela a Loureda (Bama), de Campelo a Cruce de Bamela (Bama), a Toilán (Foxás), de Foxás de Abaixo a Grixo (Foxás), de Belvís a Cruz da Mariana (Bama), de Loxo a Mourelos (Touro), da estrada da Deputación a Lago (Quión), da estrada de Deputación á estrada que vai a Muiña VellaLago (Quión), a estrada da Deputación a pista de Bentín (Quión), de Subres a Mané (Cornado), e de Turces a límite municipal (Turces). Tamén está reflexada a mellora do local social de Prevediños, Loxo e o ximnasio do pavillón deportivo de Touro.
Outros 130.000 euros de investimento chegarán a través dun préstamo provincial 2020 que irá destinado á mellora da seguridade viaria en Arinteiro (Loxo), na pista de Carballido a Calvos (Calvos de Socamiño-Circes), e en Castro (Prevediños). Ademáis servirán para arranxar as beirarrúas na Goleta.
Unha Achega 2020 servirá de 30.400 euros será destinada á mellora de firme de viario de Vilanova á pista de Castelo (Beseño-Andeade) e a mellora da pista de Campelo a Bamela (Bama). E outra Achega provincial 2019 de case 60.000 euros servirá para arranxar os camiños de Ponte Barreira a Foxás de Abaixo; de A Toxa á estrada Abelenda; de de Rozas a Sabuceda. Tamén será posta en condicións a cuneta no camino de Abelenda a Loureiros.