Monday 25 de November de 2024

O Concello homenaxea ao coruñés Jacobo Garrido, campión do mundo de natación adaptada nos 400 metros libres


O deportista tamén acadou unha medalla de bronce nos 800 metros no Open de Berlín

A alcaldesa, Inés Rey, e o edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego, recibiron esta tarde no Pazo Municipal de María Pita ao deportista coruñés Jacobo Garrido Brun, medalla de ouro no Campionato do Mundo absoluto na distancia de
400 metros libres de natación adaptada, categoría S9.

Garrido, de 17 anos, pertence ao Club Natación Liceo e tamén foi medalla de bronce nos

800 metros libres do Open de Berlin disputado o pasado mes de xuño, e catro veces campión de España junior de Natación Paralímpica (400 libres, 50 e 100 bolboreta e 200 estilos) no campionato disputado en Madrid en xaneiro. Garrido acadou multitude de títulos e medallas en todas as categorías inferiores.

A rexedora amosoulle ao nadador coruñes a súa admiración polos seus éxitos “un premio á túa capacidade e traballo”. O deportista estivo acompañado no acto dos seus pais, do seu adestrador e presidente do Club Natación Liceo, Jesús de la Fuente, e do director técnico del Centro Liceo La Paz, Ignacio Gai

A alcaldesa entregoulle unha Torre de Hércules en cerámica de Sargadelos dedicada como recoñecemento do Concello da Coruña ao seu gran labor no mundo do deporte,