A praza de Macías acollerá dende as 17:00 horas de mañá venres 20 de decembro e ata a mesma hora do 24 de decembro un Mercado de Nadal no que participar en torno a 20 expositores procedentes de distintos puntos de Galicia. Uns expositores que inclúen una variada oferta, dende artigos de agasallo a alimentación orientada ao Nadal (pastelería, roscón de reis, troncos de Nadal…), ata produtos para o Belén, artesanía selecta e mesmo coleccionismo vintage.
A parte forte da programación terá lugar durante a fin de semana. Así, dende o sábado 21 de decembro Papá Noel e os seus elfos estarán no seu trono e nun photocall na praza. Ademais, haberá obradoiros para os máis pequenos, en horario de mañá e de tarde, con distintas temáticas, como fabricación de bonecos de Nadal con materiais reciclados ou confección de abalorios con tear xaponés (ou kumihimo).
A Feira de Nadal está organizada polo Concello de Padrón, en colaboración coas empresas Iacobus Medieval gestión de mercados temáticos e Kepler T & T Producción y Animación.