O Goberno aprobará a adxudicación das obras de construción da pista deportiva cuberta no CEIP San Francisco Javier á empresa Obras Gallaecia SL por unha cuantía de 348.878,33 euros
A Xunta de Goberno Local ratificará mañá o proxecto de mellora do sistema de información da tarxeta Millenium, por un importe de 200.000 euros, para a poder usar en dispositivos móbiles. A aplicación permitiralles ás persoas usuarias pagar o transporte público urbano e recargar a tarxeta moedeiro municipal desde os seus móbiles.
Esta actuación forma parte dunha batería de operacións EDUSI financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER non marco do eixe 12 do POPE cun cofinanciamento do FEDER do 80%, que ratificará a Xunta de Goberno e que suman un investimento de 3.344.000 euros. Os proxectos xa recibiran o visto e prace do coordinador xeral municipal e director da unidade de xestión Edusi e, unha vez ratificados pola Xunta, serán enviados ao Ministerio de Facenda.
Outro dos proxectos EIDUS-Coruña que se desenvolverán no ano 2020 cun orzamento de 715.000 euros é o denominado “Goberno aberto e servizos públicos electrónicos” que busca a mellora das ferramentas de participación e transparencia existentes mediante o uso das TIC (e-goberno aberto), así como a implantación de servizos públicos electrónicos e de administración electrónica.
A Xunta de Goberno tamén terá que ratificar a aprobación dunha actuación encamiñada a mellorar o sistema información sobre a calidade ambiental. Esta operación EIDUS contempla a aplicación dun paquete de actuacións baseadas no uso das TIC no campo do
Nota de Prensa
medio ambiente, co obxectivo de que a cidadanía poida acceder a unha información ambiental de calidade e totalmente transparente. Pasaría así a se converter nun axente activo nos procesos de mellora da sustentabilidade local, ao abrir as canles adecuadas para a súa participación mediante o uso das TIC e da administración electrónica. Esta serie de medidas disporán dun orzamento de 413.000 euros.
Tamén, dentro do proxecto EidusCoruña, se destinarán 240.000 euros a ampliar o número de camiños escolares. A intención do Goberno local é combinar estes camiños con roteiros seguros para persoas maiores e transformalos en “camiños interxeracionais”, co fin de mellorar a accesibilidade de nenas/os, maiores e persoas con mobilidade reducida. As obras inclúen a renovación de pavimentos, ampliación de zonas peonís, mellora de accesibilidade e sinalización dos itinerarios escolares seguros.
Tamén, a través dos fondos FEDER, se ampliarán os carrís bici. O obxectivo do Goberno local é incrementar o espazo público destinado a peóns e ciclistas e mellorar a rede ciclable actual, acondicionando as vías existentes para mellorar a súa seguridade, co fin de cumprir os obxectivos xerais dos Plans de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS). A Área de Mobilidade destinará 447.000 euros a esta actuación.
Dentro das medidas encamiñadas a transformar a área urbana da cidade nun espazo de maior calidade urbana, o Concello ten previsto instalar un marquesiña piloto con zona de descanso, protección contra a auga, cobertura wifi, cargadores de móbiles. Trataríase dun novo modelo de marquesiña multifuncional de espera dotada de sistemas de eficiencia enerxética e que lles proporcionaría información e servizos útiles ás persoas usuarias, principalmente nos nodos de maior fluxo de autobuses, con paneis de información sobre o tempo de espera, autobuses dispoñibles e roteiros que se van executar. Destinaranse 240.000 euros.
Por último, a Xunta ratificará, cun investimento de 1.661.350 euros, o proxecto de subministración e instalación de lectores nas estacións de bicicletas. EidusCoruña aporta 1.089.000 cofinanciados ao 80% polos fondos FEDER. A cantidade restante (572.350 euros) corresponde a unha partida municipal dos orzamentos participativos.. A idea é incrementar o número de bicicletas eléctricas, postos de ancoraxe con base de carga
Nota de Prensa
distribuídos en distintas estacións, e sistemas TIC de lectores necesarios para o servizo público de préstamo de bicicletas BICICORUÑA.
No ámbito de Infraestruturas, a Xunta acordará un investimento de 372.029 euros procedente do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal “POS+20” da Deputación para acometer obras na rede de saneamento da rúa Marsella ata a vía F-Zapateira. Ademais, o Goberno destinará 187.038 euros para os pagamentos aos provedores.
Doutra banda, a Xunta dará o visto e prace á adxudicación á empresa Arias Infraestruturas S.A das obras comprendidas no proxecto de reurbanización do cruzamento de Rolda de Nelle sobre a Avenida de Fisterra motivadas pola demolición do viaduto. As obras teñen un orzamento de 1.035.551,38 euros. O gasto previsto para 2019 é de 150.000 euros, e para o 2020 é de 885.551,30 euros. As obras executaranse nun prazo de doce meses e inclúen a construción dun carril bici de 1,5 metros de ancho e a ampliación do espazo para peóns.
A Xunta tamén aprobará a adxudicación das obras de construción da pista deportiva cuberta no CEIP San Francisco Javier á empresa Obras Gallaecia SL por un importe de 348.878,33 euros e un prazo de execución de 60 días.
Tamén lle dará luz verde á contratación das obras recollidas no proxecto de restauración do Xardín de San Carlos por un importe de 339.428 euros, que terán un prazo de execución de seis meses. Estas obras están cofinanciadas nun 80% polo fondo europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) no marco do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020.
Por outra banda, Medio Ambiente presentará á Xunta de Goberno a aprobación da contratación das obras de acondicionamento no cemiterio de Santo Amaro por un importe de 414.956 euros e os traballos de conservación e mantemento no terceiro departamento do cemiterio por valor de 370.000 euros. Estas obras están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020.