Os maís pequenos de Val do Dubra disfrutan estes días dos ‘Talleres de Nadal’ que organiza o Concello de Val do Dubra, unha actividade durante o tempo de Nadal que tamén permite aos pais conciliar vida laboral con vida de familia e lecer. Os obradoiros tiveron lugar onte e hoxe e tamén o 20 e 30 de decembro na Casa da Cultura de 10 a 13 horas. Acude un grupo de nenos e nenas de catro a 12 anos. Os nenos e nenas aproveitarán o tempo de lecer dende un punto de vista didáctico. Xa polas tardes está programado, tamén para os máis pequenos, o ‘Nadal xogo’ no pavillón municipal de Bembibre entre as 17.30 e as 19.30 horas. Cada día está adicado a un deporte: baloncesto, volei, bádminton e fútbol sala. O vernes día 2 de xaneiro tamén haberá unha xonarda multideporte no pavillón municipal.