Friday 22 de November de 2024

O programa Prevención da Dependencia celebrou a súa comida anual de Nadal


O programa Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón celebrou a súa tradicional comida de Nadal. O alcalde en funcións, José Manuel Canabal, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ana Seijo, acompañaron ás persoas usuarias nesta actividade de encontro e confraternidade.

En outubro daba comezo o curso lectivo para este grupo de trece persoas que todos os martes e xoves acoden ao local sociocultural de Vigo para potenciar as súas capacidades cognitivas. María Pereira, educadora social do Concello de Boqueixon, destacou a incorporación este ano de novo material complementario co obxectivo de ralentizar o deterioro físico e mental das persoas da terceira idade. O alumnado do programa realiza, entre outras actividades, obradoiros de manualidades, terapia social, xeronto-ximnasia, músico terapia, traballo individualizado con fichas, actividades de reminiscencia e de orientación espazo-temporal.

E como xa é tradición, o alumnado destes obradoiros exhibiron ao remate do xantar unha das súas manualidades. Neste caso, amosaron a árbore de Nadal que decoraron durante o mes de decembro.