O prazo rematará o vindeiro 31 de xaneiro e este ano como novidade poderase solicitar tamén a través de correo electrónico
Desde hoxe 16 de decembro de 2019 e ata o 31 de xaneiro de 2020, é posible solicitar a renovación das tarxetas de residentes da zona ORA para 2020. A solicitude pódese tramitar de xeito presencial nas oficinas da empresa SETEX na avenida Fernández Latorre, 11.
Como novidade, este ano tamén se pode presentar a través do correo electrónico: residentes@coruna.setex.es. En todos os casos, a tarxeta deberase recoller sempre de forma presencial nas oficinas.
A documentación esixida será a mesma de todos os anos. Ademais do impreso de solicitude en que se deberá sinalar a matrícula do vehículo, haberá que presentar unha fotocopia do DNI da persoa solicitante, unha fotocopia do permiso de circulación do vehículo e mais unha fotocopia do xustificante do pago da póliza de seguro obrigatorio en vigor.
Só poderán solicitar a tarxeta as persoas físicas. Non haberá un máximo de tarxetas por domicilio nin titular, sempre e cando se cumpran os seguintes requisitos: ter o seu domicilio na zona ORA, ser titular do vehículo para o que se solicita a tarxeta, aboar a taxa establecida, estar ao corrente de pagamento do IVTM e non ter pendentes de pago en vía executiva sancións de circulación co Concello da Coruña no momento de realizar a solicitude.