Farase entrega de 50 unidades de composteiros entre os veciños e veciñas previa solicitude.
Farase entrega de 50 unidades de composteiros entre veciños e veciñas previa solicitude.
O prazo para solicitar os composteiros, que conta cunha capacidade de 350 litros, comeza mañá día 17 e estará aberto ata o vindeiro día 3 de xaneiro para todos aqueles vecinos e veciñas do noso municipio que conten na súa vivienda cunha horta ou xardín. Cada vivenda que cumpra ditos requisitos, poderá solicitar unha unidade mediante instancia xeral no rexistro do Concello (planta baixa).
Ata o momento, e con esta nova partida de composteiros, son xa 200 unidades as que leva suministradas a Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) ao noso municipio.
A compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar, como son os restos de comida e podas, obtendo un produto final, o compost, que pode ser empregado como acondicionador de solos en xardíns e hortas das vivendas que o elaboran.
No seguinte enlace está dispoñible toda a información de uso dos composteiros para a cidadanía: www.compostaconsogama.gal