Dende onte venres ata o vindeiro 22 de xaneiro, o Museo do Gravado de Artes exhibe unha nova exposición formada por 36 obras litográficas do inmortal artista francés Henri de Tolouse-Lautrec.
Comisariada por Daniel Buján e coordinada por Pastor Rodríguez, a mostra foi inaugurada na noite de onte nun acto que contou ademais coas intervencións de Javier Expósito, vicepresidente da Fundación Museo de Artes; da tenente de alcalde de Riveira María Sampedro; e da deputada provincial Sandra González.
Numerosas persoas quixeron estar presentes nesta apertura dunha exposición que integra dúas coleccións denominadas “Elles” (de 1896, integrada por 11 obras a cor coas que, en palabras de Daniel Buján, o artista “chega so seu cenit” situándose á altura de xenios como Goya) e “Litografías”, con creacións que abranguen dende 1893 a 1900.