Friday 22 de November de 2024

Mobilidade instala catro aparca bicis en resposta a demandas veciñais e institucionais


As novas infraestruturas da Maestranza, Paseo Marítimo, rúa Pelamios e praza de Alcalde José López Mora atenden á prioridade deste Goberno local de fomentar a sustentabilidade e o transporte non contaminante

O Concello vén de instalar novos aparca bicis en varios puntos da cidade, en concreto, están en funcionamento ou en proceso de habilitación catro, que darán resposta a demandas veciñais e de diferentes institucións e asociacións da cidade. Por un lado, haberá un na entrada da Fundación Luis Seoane e un segundo no Paseo Marítimo, diante do CIS Carmela Arias y Díaz de Rábago, despois dunha reunión da concellería de Benestar Social coas persoas responsables do centro.
Tamén existe xa un elemento máis na praza de Alcalde José López Mora, no barrio de Lonzas, a petición dos residentes da zona e está previsto instalar outro á altura da Escola de Arte e superior de Deseño Pablo Picasso tras a solicitude do colectivo Mobi-liza. Desde Mobilidade recordan que a sustentabilidade é unha das prioridades neste mandato e que irán incorporando outros aparca bicis nos vindeiros meses co fin de que os coruñeses e coruñesas fagan uso da bicicleta como medio de transporte.