Na noite pasada tivo lugar no salón de plenos do Consistorio o acto de entrega de becas a dezaoito deportistas do municipio que foron becados polo Concello de Riveira de acordo cos seus méritos.
En total, o montante das axudas económicas concedidas suman 15.000 euros, das cales 6.000 corresponden ás Becas Tokio, outorgadas á triplista Ana Peleteiro e ao parataekwondista Álex Vidal. Os 9.000 euros restantes repártense entre Alexandre Lages, Ana Dosil, Juan Manuel Pérez, Manuel Parada, Laura Dosil, Iván Parada, Carlos Brión, Ainara Pardal, Irene Montemuiño, Alejandra Paz, Paula Castrelo, Beatriz Romano, Lois Tomás, Luis Montemuíño e Maria Vilas.
Da nadadora de Castiñeiras tivo especiais palabras de eloxio o alcalde Manuel Ruiz por constituír un exemplo de autosuperación ao ser capaz de volver a disfrutar na práctica do seu deporte. O acto tamén contou coa presenza da concelleira de Deportes, Juana Brión; e o edil de Relacións Institucionais Ramón Doval.