A alcaldesa inaugurou esta tarde o Belén Municipal nun acto ao que acudiron os familiares e amigos de Fernando Amaro, á quen lle dedicaron unha figuriña
A alcaldesa Inés Rey inaugurou esta tarde o Belén Municipal que conta este ano cunha nova figuriña dedicada a Fernando Amaro Barreiro “Cantero”, coordinador de festas do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) durante anos e que faleceu o pasado mes de abril aos 46 anos. A rexedora destacou que a súa posta en escena no Belén municipal era un xesto necesario “por todo o que nos aportou como traballador, pero sobre todo, como persoa e estou segura de que con el aquí, vixiante, non haberá incidencia algunha nin tan sequera do tan temido Herodes”. Rey falou de que incorporalo ao Belén é “o noso pequeno homenaxe a un home que sempre estaba. Daba igual que fose no momento de máis traballo que nunca poñía unha mala cara e desvivíase por quen fose. Hoxe xúntase sobre a area co seu amigo Palau. Volven a estar de risas porque contan os seus que se había algo co que desfrutaba era vendo a xente pasalo ben. Acompáñano a súa familia, a de sangue e a outra, á que lle rendía unha absoluta fidelidade porque Monte Alto a 100 era a súa segunda casa”.
A alcaldesa engadiu que Cantero forma parte xa dun equipo que capitanea Mauro Silva porque Bebeto espera ben arriba o pase de gol, un equipo que conta con Concepción Arenal para que relate o que pasa e que ten a unha actriz de excepción como María Casares e a dous grandes que aínda eran máis grandes cando se
Nota de Prensa
xuntaban como Luis Seoane e Díaz Pardo: “Todas as figuriñas son e están para sacarnos un sorriso cando pasemos polo hall de María Pita”.
Pola súa parte, o presidente da comparsa, Manuel Salinas, agradeceu que “o noso presidente estea entre as figuras do Belén e lembrou que Cantero deixou o pavillón moi alto, “un traballador excepcional, un bo coruñés, unha gran persoa, compañeiro e amigo, sobre todo, amigo”. Seguidamente, os integrantes do coro Cantabile interpretaron unhas panxoliñas nun pazo de María Pita ateigado de familiares e coñecidos do homenaxeado, así como de representantes das distintas forzas políticas.