Friday 22 de November de 2024

Villoslada reitera a importancia de conectar a Vía Ártabra coa A-6 para unir a área metropolitana


 

O concelleiro de Infraestruturas asistiu esta tarde á proxección do documental

O concelleiro de Infraestruturas, Juan Manuel Díaz Villoslada, acudiu esta tarde á presentación do documental “Vida ártabra”, de Iago Prada, no auditorio do Burgo. A cinta aborda o desastre ecolóxico que supón a construción do novo vial da Vía Ártabra ao seu paso polo humidal da Gándara.
O edil instou novamente á Xunta a que reflexionase sobre esta conexión porque “aínda está a tempo de facelo” e cre que esta non debe crear unha afección ambiental e social ao Concello de Cambre, posto que a opción exposta por esta administración local, realizar a ligazón en Catro Camiños, permite continuar o trazado cara á A-6, tal e como se concibiu a propia infraestrutura. Neste senso, Villoslada apuntou que o Goberno local entende que o entronque coa autovía garante unha conexión sen peaxe.