O Proxecto Bialac, que explora a posibilidade de producir materiais plásticos sostibles para envases de alimentos, foi un dos principais asuntos do seminario celebrado onte na Universidade da Coruña
sobre Economía Circular
O edificio do CICA (Centro de Investigacións Científicas Avanzadas) do Campus de Elviña da Universidade da Coruña (UDC) acolleu onte o Seminario sobre Economía Circular e Bioplasticos que promove a Cátedra Emalcsa-UDC, nunha xornada na que se deron a coñecer os avances do Proxecto Bialac, co que se trata de producir plásticos biodegradables a partir de sueros lácteos e lodos urbanos.
Na xornada interviron para abordar este asunto o Director de I+D+i de Emalcsa, Ricardo Vázquez, e Mari Carmen Veiga, do grupo Bioengin da UDC, que destacaron que con Bialac búscase producir bioplásticos de custe reducido mediante o uso de materia prima de baixo valor, a partir de lodos de depuradoras urbanas pequenas, como os da Edar (Estación Depuradora de Augas Residuais) de Carral, e tamén do suero da industria láctea, que por exemplo supón o 90% dos residuos da elaboración de queixos, dos que a lactosa, con escasa saída de mercado, pode ser valorizada para a creación de novas formas de envasado de alimentos 100% biodegradables. Esta iniciativa contribuirá ademais a un modelo de economía circular que garanta solucións sostibles, en liña cos Obxectivos 2030 da ONU ou as demandas que estes días se escoitan no COP25 de Madrid.
O proxecto Bialac, que se estenderá ata outono de 2020, está financiado polo programa Conecta Peme 2018, e nel participan ademais de Emalcsa como líder, as empresas Abakal Ingenieros Consultores, Innolact, Ecoplas, ademais dos grupos de investigación Bioengin e Laboratorio de Polímeros, da Universidade da Coruña.