Con cargo a convocatoria de subvencións do INEGA a proxectos de enerxías renovables térmicas para o ano 2019, cofinanciadas polo FEDER Galicia 2014-2020 instaláronse 5 estufas en 4 locais sociais do concello de Ordes.
Xa están en funcionamento as 5 estufas de pellets instaladas nos locais sociais de Pereira, Buscás (2), Leira e Fosado (Montaos) por un importe total de 16.447,39 euros, dos cales 7.395,52 euros están cofinanciados polo FEDER Galicia 2014-2020 conforme a convocatoria de subvencións do INEGA a proxectos de enerxías renovables térmicas para o ano 2019.
Beneficio das actuacións.
Con este tipo de actuación acádase un maior confort na climatización de calor en estes catro locais habitualmente empregados polos veciños dos lugares para reunións de asociacións, encontros, así como para as diversas actividades que o concello de Ordes realiza nas parroquias.
Actuacións futuras.
Con cargo a estas liñas de axudas que son recorrentes todos os anos por parte do INEGA, tratarase nos vindeiros anos de continuar coa instalacións de equipos de esta índole nos demais locais sociais, así como nos locais da nave de gando do Mesón do Vento, ou na propia escola de música da Praza da Feira de Ordes, que tamén é o local empregado pola Asociación Amigos da Música de Ordes.