Á cita no pavillón Castelao II poderán acudir todos e todas os que o desexen de balde.
A S.D. Club Órdenes en colaboración co Concello ten organizado para o próximo venres día 26 un torneo de biberón fútbol 6. Unha cita lúdica e deportiva na que participarán decenas de nenos e nenas entre os 4 e os 6 anos de idade, e á que poderán asistir de balde todas as persoas que queiran. Os encontros disputaranse ao longo de toda a xornada no pavillón Castelao II. Entre os equipos que teñen confirmada a súa presenza figuran: S.D. Club Órdenes, Luis Calvo, Arteixo, Victoria, Once Caballeros e Calasanz A e B entre outros.