Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, acolle o próximo domingo, 15 de decembro, a VII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro 2019. A carreira, que a súa saída está prevista para as 10.30 horas, está aberta a todos os afeccionados a este deporte. Os interesados en participar poderán apuntarse ata o próximo mércores 11 de decembro ás 23.59 horas. A proba terá unha distancia de dez kilómetros e discurrirá por diferentes puntos do Concello de Touro, entre os que está o núcleo urbano de Fonte Díaz. A organización, que ofrecerá un agasallo a todos os participantes, entregará trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén terán premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta e o primeiro clube masculino e feminino na clasificación final. A entrega de premios está prevista para as 13.30 horas frente á sede del Concello de Touro, en Fonte Díaz. A categorías da proba abarcan dende os máis xóvenes ata os máis veteranos.
Os interesados poderán apuntarse ata o próximo mércores de decembro ás 23.59 horas na web: www.emesports.es. A cuota para inscribirse na proba absoluta: 5 euros. E os escolares tamén poderán apuntarse en www.emesports.es. A inscripción nas categorías escolares é gratuita e o percorrido estará adaptado a cada unha das idades. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participan Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa.
Para apuntarse:
https://eventos.emesports.es/inscripcion/vii-carreira-pedestre-popular-concello-de-touro/