Friday 22 de November de 2024

Obradoiros de arte floral, cociña e cerámica de Nadal durante estas festas


Con motivo destas festas o Concello de Riveira organiza obradoiros de arte floral, cociña e cerámica de Nadal.

Os obradoiros de arte floral, de carácter gratuíto, terán lugar nas oito parroquias do municipio (non en Santa Uxía) segundo este calendario:

• Carreira: xoves 12, na casa de cultura
• Corrubedo, venres 13, no centro social
• Artes, sábado 14 no centro recreativo
• Palmeira, luns 16 na Sociedade Hijos de Palmeira
• Oleiros, martes 17, no centro social
• Aguiño: mércores 18, na casa de cultura
• Castiñeiras: xoves 19, na casa de cultura
• Olveira, venres 20, na casa de cultura

As inscricións abriranse no Centro Cultural Lustres Rivas ou no 981 835 650 do 9 ao 11 de decembro.

En canto aos obradoiros de cociña de Nadal, haberá un os días 16 e 17 e outro os días 18 e 19. Desenvolveranse nas aulas formativas da rúa Cristóbal Colón. Inscricións a través dun formulario online habilitado en www.riveira.gal ou no Lustres Rivas, do 9 ao 11 de decembro. Teñen un custe de 5 euros.

Por último, o Auditorio Municipal acollerá dous obradoiros de cerámica de Nadal: un o luns 16 e martes 17 e outro o mércores 18 e xoves 18. As inscicións, do 9 ao 12 de decembro no Lustres Rivas de xeito presencial ou ben chamando ao 981 835 650.

Belén de Aguiño
Por outra banda, na noite de onte venres procedeuse ao acendido do Belén Municipal de Aguiño con gran presencia de veciños e veciñas da parroquia que tiveron a oportunidade tamén de participar nunha chocolatada.