Alumnas e alumnados de 1º e 2º de Primaria do Colexio Jaime Balmes visitaron onte xoves o punto limpo de Noia, onde aprenderon a importancia da reciclaxe e a que contedor debe ir cada tipo de residuo. Unha visita na que estiveron acompañados polos concelleiros de Medio Ambiente, Martín Fernández Godón, e Ensino, Mariola López Cierto, que destacaron a importancia de que, a través dos máis pequenos da casa, todos os veciños e veciñas do municipio coñezan a existencia deste punto limpo.
Unha instalacións emprazada no polígono de Augalevada e no que poden depositar tanto o lixo que se recolle nos contedores urbanos (coa excepción de materia orgánica) como outro tipo de residuos especiais como: restos de electrodomésticos, pilas, sprays, baterías de coche, medicamentos, tubos fluorescentes, radiografías… incluso restos de pequenas obras domésticas, xa que non está aberto á reciclaxe de residuos de empresas.