Friday 22 de November de 2024

O CIM de Padrón organiza unha xornada de alfabetización dixital e información dos recursos xurídicos sociais dirixida a mulleres


O CIM de Padrón abre a inscrición no obradoiro “Ferramentas para a vida: alfabetización dixital e información dos recursos xurídicos sociais”, unha iniciativa que terá lugar o vindeiro martes 10 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas, na aula de informática do Centro Social. Un obradoiro formativo incluído no Programa Integral de Mulleres Mudando o Rural.

A participación é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no CIM de Padrón (praza Rodríguez Cobián, 4), chamando ao 611 003 472 ou enviando un correo a cim@padron.gal. O Programa Integral de Mulleres Mudando o Rural está organizado polo Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, e conta co apoio de Sustinea e da Consellería de Política Social.