Friday 22 de November de 2024

A Xunta de Galicia salienta a coordinación coa ONCE para ofrecer os mellores servizos ás persoas con dispacidade visual


O Goberno galego destinará 115 millóns de euros a mellorar a calidade de vida deste colectivo nos orzamentos de 2020, isto é un 77% máis que no 2009

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, salientou a coordinación entre a Xunta de Galicia e a ONCE para ofrecer os mellores servizos ás persoas con discapacidade visual. Fíxoo na inauguración das segundas xornadas de servizos sociais que organizou na Coruña esta entidade para os seus afiliados.

Ildefonso de la Campa destacou os avances acadados a favor das persoas con discapacidade na última década. Neste sentido, subliñou que na actualidade hai un 25% máis de prazas públicas que hai 10 anos, ata chegar ás 5400 ou que hoxe se apoia máis que nunca aos centros especiais de emprego e a formación laboral, un aspecto fundamental para a plena inclusión.

Ademais, destacou que o Goberno galego continuará a esforzarse neste eido coa finalidade de conseguir que Galicia sexa un lugar onde todas e todos poidan demostrar a súa valía e capacidades. Para iso, garantiu o apoio da Xunta, como ata o de agora, para mellorar servizos, romper barreiras e seguir concienciando

O director xeral recordou que para 2020 o orzamento que a Xunta de Galicia destinado mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade será de 115 millóns de euros, isto é, un 77% máis que o que se destinaba en 2009.