Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ordes adquire tres solares no Piñeiro por importe de 71.500 euros, para convertelos no PXOM en zona de equipamentos públicos


 

Logo do acordo da xunta de goberno local de data 25 de outubro de 2019, esta mañá formalizouse na Notaría de Ordes a adquisición dos terreos de 3 solares contiguos no Barrio do Piñeiro pensados para a prestación de servizos básicos a comunidade. O importe da compravenda foi de 71.519,97 euros

O Concello de Ordes ven de adquirir en escritura pública formalizada ante Notario esta mesma mañá 3 solares contiguos no Barrio do Piñeiro, pensando en desenvolver no lugar unha edificación destinada a prestación de servizos básicos a comunidade. O importe total da compravenda acordada na xunta de goberno do pasado 25 de outubro, foi de 71.519,97 euros.

Descrición dos terreos.
Os tres solares, coas súas respectivas fincas inscrita no rexistro da propiedade de Ordes, atópanse clasificados urbanísticamente conforme as normas subsidiarias de Planeamento vixente como URME (solo urbano), e contan respectivamente coa superficie de 196 m2, 107 m2 e 171 m2; para un total de 474 m2 brutos.

Uso e destino dos bens.
Estes terreos pasará a formar parte do inventario municipal de bens, e prevese o seu cambio de uso no plan xeral en tramitación de cara a súa aprobación provisional para convertelos en unha zona de equipamentos públicos en beneficio da veciñanza do lugar e do concello en xeral.

Intención de adquirir mais inmobles.
Dende o goberno local avanzan que nos vindeiros meses negociarán a adquisición de mais terreos no casco urbano de Ordes e na súa periferia, co gallo de destinalos a execución de infraestruturas de uso público, sempre baixo a premisa máxima de poder dar cumprimento ao programa e compromisos adquiridos logo das eleccións do pasado mes de maio.