Un cento de alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios Alexandre Rodríguez Cadarso, Felipe de Castro e Jaime Balmés participaron esta mañá no Torneo Interescolar de Baloncesto 2019, organizado polo Club de Baloncesto Noia e o Concello de Noia. Un torneo xogado no pavillón Alonso Rodríguez e ao que non puideron asistir o alumnado do colexio María Assumpta
As concelleiras de Deportes, Laura Salgado García, e Ensino, Mariola López Cierto, asistiron ao torneo, organizado de forma lúdica e non competitiva. “Trátase dunha iniciativa para promover a afección polo baloncesto entre a nosa mocidade”, explica Laura Salgado, quen destaca a importancia “de apostar polo deporte de base, pois ademais dos beneficios físicos que proporciona, practicar un deporte tamén achega valores importantes aos nosos nenos e nenas como o compañeirismo, disciplina ou o desexo de superarse a unha mesma”.