Friday 22 de November de 2024

O Concello de Brión celebra mañá venres un magosto con chocolate con churros de balde na carballeira de Santa Minia


 

O Concello de Brión, en colaboración coa asociación de mulleres Xuntanza, organiza mañá venres 29 de novembro o seu tradicional magosto e chocolatada, que terá lugar a partir das 19:00 horas na carballeira de Santa Minia. Todos os que asistan á festa poderán degustar castañas e chocolate con churros totalmente de balde, que se repartirán nunha carpa instalada na carballeira. Un magosto que estará acompañado pola música das Escolas Municipais de Música e Baile Tradicional de Brión.