A alcaldesa Inés Rey chamou a non desandar o camiño e a seguir na procura dunha sociedade igualitaria, unha loita na que predecesoras como María Pita, Emilia Pardo Bazán ou Marcela e Elisa poden servir de exemplo
A Corporación Municipal conmemorou esta mañá o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller nun acto no salón de plenos, no que a alcaldesa leu unha declaración institucional do Concello con motivo do vixésimo aniversario da efeméride instaurada pola Organización das Nacións Unidas. Seguidamente, gardouse un minuto de silencio polas 52 vítimas rexistradas no que vai de ano, despois do asasinato esta mesma madrugada en Tenerife dunha moza de 26 anos.
No manifesto, a rexedora lembrou a campaña municipal de “Acabar coa violencia sexual non é posible sen vós. Implicados contra a violencia sexual”, coa que “a nosa cidade rexeita a quenes realizan condutas de abuso, agresión e intimidación sexual e a quenes, coa súa complicidade, as toleran ou as silencian”. Sinalou que non podemos desandar o camiño porque se as tres ondas feministas anteriores conseguiron a educación, o dereito ao sufraxio activo e pasivo e a consideración da violencia contra as mulleres como violación grave dos dereitos humanos, “hai unanimidade en considerar que unha cuarta reacciona agora ante unha sociedade machista desigual”.
Engadiu que a violencia de xénero é a manifestación máis extrema desa desigualdade e “por iso que o desexo e a confianza deste Concello radica en que as nosas predecesoras, mulleres loitadoras, valientes e feministas como María Pita, Teresa Herrera, Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega, María Wonenburguer ou Marcela y Elisa, entre outras, sirvan de exemplo e continúen prendendo a chama da loita pola igualdade nas coruñesas e nos coruñeses”.