Ata o próximo venres, 29 de novembro, a veciñanza de Ordes poderá emitir o seu voto para escoller aos mellores deportistas locais masculino e femenino. Cada persoa poderá emitir o seu voto para cada categoría a través do enlace https://forms.gle/ZgMdcmLuG6zPFSWT6.
Nesta ocasión os candidatos e candidatas seleccionados previamente polos clubs, asociacións e entidades deportivas, así como pola poboación ordense en xeral son: Santiago Moar Sánchez, Yael López Rodríguez, Martiño Caneda Pájaro, Alejandro Costra Fraga (Fútbol); Miguel López García, Marcos Vieites Del Rio (Hóckey); Jose Carlos Amor Barbeito (Ciclismo); Cristóbal Boudjenane Núñez, Christian Loureiro López, Mateo Boudjenane Liñares, Manuel Castro Rodríguez (Taekwondo), Jorge Taboada Botana (Kickboxing); Daniel Loureiro Mosquera, Juan Loureiro Mosquera, Bruno Garcia Blanco (Atletismo).
Para a categoría femenina os nomes seleccionados son: Beatriz Fraga García (Atletismo e deporte na natureza), Isabel Fernández Bello, María Ánxeles Rodríguez Del Río, María Pena Ferreiro, Alma Bello Iglesias, Diana Mosquera Suárez (Atletismo), Lara López Fernández, Xiana López Fernández (Salvamento e Socorrismo), Natalia Queijo Rivas (Fútbol sala), Ainara Loureiro López, Carla Diéguez Veiras, Abril Viqueira Pose, Olaya Blanco Sánchez (Taekwondo) e Lucía Deus Recouso (Patinaxe).
A entrega destes premios terá lugar no transcurso da II Gala do Deporte, o vindiero 20 de decembro a partir das 19 horas no pavillón Castelao I. Ademais do premio aos mellores deportistas locais, nesta segunda edición tamén rebibirán galardón os mellores deportistas base, a mellor entidade deportiva, o mellor patrocinador, o mellor equipo, o mellor adestrador ou adestradora, ademais dun recoñecemento á traxectoria profesional, ao mellor deportista con diversidade funcional e do Premio á Excelencia Deportiva Iván Raña Fuentes.
Con esta entrega de premios o Concello de Ordes quere continuar co seu labor en prol da práctica de deporte e na adquisición de hábitos saudables. Destaca o seu interese por darlle visibilidade e proxección mediática a todo o traballo realizado por deportistas, entidades, equipos, clubs, asociacións etc de ámbito local.