O Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe luns, 25 de novembro, publica a modificación definitiva do regulamento da piscina Iván Raña Fuentes. Faise así público de maneira oficial o novo horario, o cal xa fora aprobado no pleno do pasado mes de setembro. Así a instalación abrirá os sábados de 8 a 14 e de 16 a 21 horas, mentres que os domingos o fará de 9.30 a 14 horas. De luns a venres manterase o horario de sempre, de 8 a 14 e de 16 a 23 horas. Coma ven sendo costume o mes de agosto permanecerá cerrada por vacacións do persoal.