A poucas xornadas de celebrar o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres a biblioteca de Ordes dedicou as súas Tardes de Contos e Lendas á igualdade entre homes e mulleres. Nenos e nenas do municipio tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro que deixou ben claro que a ciencia non so é cousa de varóns. Un sinfín de trucos e experimentos tiveron cabida na biblioteca, deixando coa boca aberta á rapazada que se achegou a desfrutar desta impactante e sorprendente actividade que, se non hai novidade, voltará xa de cara ao próximo 2020.