Un centenar de nenas e nenos de Touro xa forman parte da Orde Donas e Cabaleiros do Camiño Holandés. Trátase dunha actividade pensada e ponta en marcha polo Concello de Touro para impulsar o arraigo ás nosas tradicións desde un punto de vista lúdico-festivo per tamén educativo e que formou parte da programación das I Xornadas do Camiño do Holandés-EuroVelo 3.
Durante o mes de novembro e en diferentes actividades, segundo as categorías, participaron as novas aprendizas e os aprendices de 5º e 6º de primaria do Colexio Público de Fonte Díaz, Punto da Atención á Infancia e Tardes Divertidas. Foron saídas Iniciáticas ao Pico Sacro e ao seu Centro de Interpretación, Xantar Peregrino en Brandelos co mesmísimo Atanasio relatándolles a súa viaxe cos restos do Apóstolo, as lendas das mouras do Ulla e moito máis, ata chegar ás probas que certificaron a súa iniciación.