Saturday 16 de November de 2024

A pista de xeo será de balde os días 24 e 31 de decembro


Estará aberta en horario de 10.00 a 19.30 horas de xeito ininterrumpido

O Concello de Santiago abrirá as portas da pista de xeo de forma gratuíta os días 24 e 31 deste mes de decembro para que todos aqueles que queiran achegarse ata a Alameda poidan disfrutar da pista en dúas datas sinaladas.

O resto dos días, a instalación estará en funcionamento durante o período de vacacións de Nadal en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Haberá sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.

Fóra destes destas dúas xornadas de balde, a entrada xeral por 57 minutos, con patíns incluídos, custará 7,5 euros e, sen patíns, 4,5 euros. A entrada xeral sen limitación de tempo custará 10 euros con patíns e 5,5 euros sen eles. Haberá un prezo especial para as entradas dos escolares, a 4 euros. Son os mesmos prezos que no Nadal 2013.

Ademais, estableceranse modalidades de desconto, coa posibilidade de adquirir unha cartilla de 10 euros que facilitará rebaixas en función do número de veces que se pase pola pista; un prezo familiar para un mínimo de 3 entradas e un bono especial para evitar colas, sen límite de tempo, por 30 euros, válido para 4 entradas.

Durante o período lectivo os horarios son os seguintes: luns a xoves, de 9:00 a 14:00 (só centros escolares) e de 17:00 a 21:00 horas; venres, de 9:00 a 14:00 (só centros escolares) e de 16:30 a 22:00 horas; sábados e domingos, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Haberá sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.