Friday 22 de November de 2024

Concello e Xunta acordan reformar o mercado de Santa Lucía e destinalo a centro de saúde, centro cívico e equipamento comercial


 

O edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, reuniuse esta tarde en Santiago con o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, para impulsar o proxecto de construción do ambulatorio

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, mantivo esta tarde unha reunión en Santiago co xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, co propósito de desbloquear o proxecto de construción do centro de saúde no mercado de Santa Lucía. O edil de Urbanismo presentou en San Caetano un plan de distribución de espazos que inclúe un uso mixto e a remodelación do edificio que albergará na parte do mercado o ambulatorio e no edificio anexo, en altura, o centro cívico, tal e como levan anos reclamando os veciños do barrio. Ademais, o Concello comprométese a humanizar as rúas da contorna do mercado. Desta maneira, o Concello da Coruña dá un paso máis para cumprir o seu compromiso cos veciños e combinar o uso de mercado, centro cívico e ambulatorio.

A reunión serviu para concretar os usos e espazos do futuro centro de saúde esixidos polo Sergas. Os responsables do Goberno autonómico trasladáronlle ao titular de Urbanismo as necesidades de espazo que require a posta en marcha dun ambulatorio e as demandas asistenciais para desenvolver a súa actividade, e

accesible para os usuarios. As necesidades da consellería alcanzan os 1.500 metros cadrados.

Os equipos técnicos do Concello e o Sergas validarán o novo proxecto e abordarán un convenio para establecer os trámites de redacción, de licitación e de execución, así como o financiamento e o mantemento do futuro centro.

O concelleiro deixou claro que o Concello rehabilitará o edificio.“Modificaremos o proxecto conxuntamente con os técnicos da Xunta para acelerar a súa futura licitación de forma que a remodelación sexa efectiva durante este manadato, tal e como se acordou no pleno municipal”.