O alcalde de Riveira Manuel Ruiz e o delegado territorial de Educación da Xunta na provincia da Coruña, Indalecio Cabana, mantiveron no transcurso desta mañá sendas reunións con representantes dos colexios de Artes e Frións coa fin de escoitar as súas demandas en canto a melloras nas instalacións.
Así, no que atinxe ao centro de educación situado na parroquia de Artes, tales demandas pasan por mellorar a envolvente térmica nas fiestras do inmoble e tamén pola dotación de chan de tarima a unha parte do recinto escolar, dúas cuestións que tanto dende o Concello como dende Educación a súa execución se considera factible.
En canto ao colexio de Frións, unha das necesidades postas enriba da mesa foi a ampliación do comedor, para a cal existen diversas alternativas unha das cales consiste en gañar espazo cara o ximnasio.
Cómpre lembrar que están en marcha outras melloras en centros educativos do municipio como é o caso destacado das obras de rehabilitación enerxética da cal a Xunta vén de solicitar ao Concello licenza de obras e cuxo orzamento ascende a 634.000 euros.