Friday 22 de November de 2024

O Concello e Adcor estudarán novas vías de colaboración para axudar lles ás persoas en situación de dependencia e ás súas familias


 

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, reuníronse esta mañá coa vicepresidenta da fundación para coñeceren as actividades que realiza a entidade

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, reuníronse esta mañá en María Pita coa vicepresidenta da Fundación Adultos Discapacitados da Coruña, (ADCOR), Rebecca Samathanam. Nesta reunión de carácter institucional, abordáronse distintos temas relacionados coas actividades que a entidade desenvolve na cidade.

Tanto a alcaldesa como a concelleira agradecéronlles o traballo que realizan con persoas dependentes coa finalidade de conseguir o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais, laborais e posibilidades de integración social e comprometéronse a visitaren as instalacións da fundación, así como a buscaren novas vías de colaboración conxunta.

Na actualidade, o Concello colabora no financiamento de programas para o aloxamento de persoas adultas, cursos de formación e desenvolvemento de persoas con discapacidade e de formación para o emprego.