O Concello de Touro mostra interese pola gestión dos bosques de piñeiros e polo aproveitamento da resina. Un grupo de vecinos e veciñas participou o pasado sábado nuhna Xornada sobre a actividade resineira, organizada polo propio Concello de Touro e impartida por Foresin, una empresa de consultoría e inxeniería ambiental especializada. Érika Martínez Carreira, responsable de Foresin, foi a encargada de falar sobre a ‘Multifuncionalidade das masas de piñeiro: a actividade resineira’. Posteriormente foi Francisco Domínguez Cerviño, experto resineiro galego que desenvolve esta actividad en Galicia, falou sobre ‘Método de extracción de resina: demostración práctico do método de pica de cortiza ascendente’. Os asistentes, ao final das charlas, acudiron a un monte de piñeiros a participar nunha demostración de extracción de resina. A responsable de Foresin destacou que a “implantación do aproveitamento resineiro permite unha xestión selvícola máis activa dos montes e tamén consigue incrementar a rendabilidade por unidade de superficie; mellorar a prevención dos incendios forestais, xerar emprego e fixar poboación ao rural”. Os asistentes, entre os que se atopaba o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, destacaron a posibilidade de desenvolver esta actividade nos montes de piñeiros do Concello. O Concello de Touro valora tamén a opción de poñer en marcha un curso formativo sobre técnica de extracción de resina.