Arredor de 200 persoas acudiron onte domingo á tarde para asistir ao espectáculo A Gata con Zocos, una representación que misturou o teatro da Cova das Letras coa música da Banda de Música Isabel II de Touro. O éxito da comedia musical programada no Concello de Touro para celebrar Santa Icía, patrona da música e dos músicos, foi total. O público vibrou coa emoción do teatro e a interpretación dos actores (Cristina Collazo, Anxo García e Manuel Paino) da Cova das Letras, que foron quen de fusionar esa arte escénica coa música e as melodías da formación musical que dirixe Moncho López Couso. A propia Banda de Música Isabel II de Touro agradeceu ao público ese apoio incondicional e tambén á directiva da discoteca e sala de festas Dona Dana, que acolleu o espectáculo. Tamén mostrou o seu agredecemento á Agrícola Loxo, polo seu servizo e ao Concello de Touro, “por seguir confiando en nós”.