Saturday 16 de November de 2024

Este venres a biblioteca acolle unha dobre sesión sobre igualdade nas súas Tardes de Contos e Lendas


As rapazas tamén somos de ciencias é o título da narración que este vindeiro venres, 22 de novembro, terá lugar na Biblioteca Municipal de Ordes. Unha programación dobre das Tardes de Contos e Lendas que nesta ocasión vai dirixida a nenos e nenas de 7 a 8 e de 9 a 10 anos. A primeira sesión dará comezo ás 16.30 e a segunda ás 18.30 horas. Para poder asistir será imprescindible inscribirse previamente na mesma biblioteca ou chamando ao 981681992 (en ambos os casos en horario de mañá, de 8 a 15 horas)