A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de realizar as xestións oportunas para que os partidos que programados para esta fin de semana nos pavillóns da Coruña afectados pola situación da empresa Expertus Multiservicios (Elviña II, Agra II, Monte das Moas e Monte Alto) poidan disputarse nas instalacións da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física no Campus de Bastiagueiro da Universidade da Coruña, no caso de que a empresa en cuestión non cubra o servizo extraordinario.
Deste xeito a Xunta de Galicia vén de atopar unha solución satisfactoria a unha situación accidental allea. A posibilidade de xogar nos pavillóns da INEF xa foi comunicada ás distintas federacións deportivas.
A Fundación Deporte Galego continua a entrevistarse cos traballadores para coñecer de primeira man os feitos e segue a estudar as diferentes posibilidades administrativas para atallar a situación.