Saturday 16 de November de 2024

Clausura do curso CELGA 2 e 4 impartido  polo SNL da Mancomunidade


Esta mañá clausurouse o curso preparatorio para as probas CELGA 2 e CELGA 4 impartido polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Nesta convocatoria foron máis de 20 os alumnos e alumnas que se matricularon nel, e que a día de hoxe xa lle están dando voltas ao exame ao que se deberán presentar en breve para obter a súa titulación oficial.