A alcaldesa e o concelleiro Juan Ignacio Borrego déronlle ánimos de cara ao mundial que terá lugar a semana que vén e do que a deportista espera volver con medalla
A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, recibiron esta mañá no salón de plenos a Rebeca Garrán, recente campioa de España en jiu-jitsu. A rexedora destacou que a deportista ten máis mérito aínda por gañar a competición contra unha contrincante que xogaba na casa e por facelo despois de superar unha grave lesión de ombro. Pola súa parte, a moza coruñesa, que dixo estar moi agradecida, viaxará a semana que vén a Abu Dhabi (Emiratos Árabes), onde espera conseguir medalla no mundial: “Oxalá, porque sería conseguir un soño”, sinalou. No acto tamén estivo presente o seu adestrador Alejandro Álvarez e o seu sensei Bernardo Romay.