Friday 22 de November de 2024

Xornalistas Galegas recibe o premio Comunicar en Igualdade pola súa análise da presenza de mulleres na Opinión


 

As compañeiras do grupo As Mulleres na Opinión gañan o primeiro premio pola reportaxe “As mulleres na Opinión: un elefante rosa no medio das redaccións”

O grupo As Mulleres na Opinión, da asociación Xornalistas Galegas, vén de gañar o premio Comunicar en Igualdade 2019 da Xunta de Galicia pola reportaxe “As mulleres na Opinión: un elefante rosa no medio das redaccións”, que analiza a Opinión nos principais xornais galegos.

Este galardón, outorgado pola Secretaría Xeral de Igualdade, destaca co primeiro premio a radiograKa dos arLgos de Opinión publicados nos sete xornais galegos con máis lectores segundo o Estudo Xeral de Medios, que derivou na reportaxe publicada o pasado 15 de setembro do 2019 no xornal dixital Praza Pública.

O traballo premiado avalía máis de 27.000 pezas publicadas ao longo do ano 2018 dentro do xénero da Opinión e reflicte que só un 15,5% destas levan unha sinatura feminina. Contabilizada toda a opinión do ano pasado en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso, La Región, El Correo Gallego, Diario de Pontevedra e La Opinión A Coruña o estudo conclúe que hai sete arLgos asinados por homes por cada muller que opina.

O premio Comunicar en Igualdade 2019, cuxa resolución sae publicada no DOG do 12 de novembro do 2019, ten como obxecto “recoñecer e recompensar traballos de Lpo
xornalísLco que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre
mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero”.

Xornalistas Galegas felicita ás Mulleres na Opinión por este traballo que pretende abrir un debate en toda a sociedade e extende os seus parabéns ao resto das premiadas, ás xornalistas Sara Vila Alonso e Montserrat Dopico González, e a Uxía Castro, Lucía Parrilla del Río e Silvia López que foron galardoadas na categoría para o alumnado universitario.

As Mulleres na Opinión é unha equipa de profesionais galegas do eido da comunicación que esLvo coordinada polas xornalistas Cláudia Morán, Susana Rois e Ana González Liste. Este grupo forma parte da asociación Xornalistas Galegas, que naceu da forza da primeira folga de mulleres nun 8 de marzo e que loita por un xornalismo con perspecLva feminista.