A concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, reuniuse con representantes da FUCC para analizar a situación do comercio de proximidade na cidade
A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, reunironse esta mañá en María Pita co presidente da Federación Unión de Comercio Coruñesa, FUCC, José Luis Boado, e o presidente de Distrito Mallos, José Salgado, para analizar a situación na que se atopa o comercio de proximidade na cidade e buscar novas vías de colaboración entre Concello e federación co fin de dinamizar e modernizar un sector clave no tecido empresarial da cidade.
A concelleira de Turismo asegurou durante o encontro que o compromiso do Goberno local co pequeno comercio é total e comprometeuse a manter un diálogo constante coa federación, que aglutina a un total de 16 asociacións de comerciantes, así como reunións periódicas.
Desde Turismo, valorouse a reunión de “moi positiva” xa que “establece as bases de cooperación para os próximos anos” e serviu ademais para coñecer as propostas da entidade e estudar que actuaciones poden levar a cabo, cales son as súas principais necesidades e como poden aplicar as tecnoloxías no pequeno comercio.