Un centenar de persoas achegáronse esta fin de semana ás Fragas do Eume para desfrutar da natureza e de toda a beleza que acolle esta zona. Todas e todos completaron unha ruta repleta de castiñeiros, ameneiros, carballos, bidueiros etc. Tampouco perderon a ocasión de visitar o mosteiro de Caaveiro. Formando parte do grupo estiveron os concelleiros Ana Soneira, Yéssica López, Pablo Vázquez e Abel Blanco.