Na provincia de Lugo a centola permanecerá en veda ata o ata o 1 de decembro, día incluído
A Consellería do Mar abre mañá a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van da Guarda ata Cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de Cabo Corrubedo ata Cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña), a frota con porto base nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00:00 horas desta madrugada e levar as especies á lonxa mañá luns.
A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2020, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión. No caso da parte que vai Cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a Ría do Barqueiro-, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 2 de decembro.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, á que se lle engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como aquelas que tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.