Friday 22 de November de 2024

O conto como vehículo contra a Violencia de Xénero no taller e na función infantil que ofreceu Eva Mejuto no Lustres Rivas


 

O Centro Cultural Lustres Rivas albergou esta mañá unha dobre actividade na que servíndose do conto como principal vehículo de sensibilización, a escritora Eva Mejuto quixo facer reflexionar á asistencia en torno á violencia e desigualdade de xénero.

A actividade estivo promovida en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e enmárcase no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

En primeiro lugar, ás 10.30 horas tivo lugar unha charla-taller titulada “Voces Violetas” na que a través se analizou a presenza de micro e macro machismos por medio de narracións, cancións ou personaxes literarios ou televisivos.

Despois, ás 12 do mediodía, o Lustres Rivas deu cabida a un función contacontos na que os máis pequenos puideron percibir cales son os roles máis habituais dos personaxes femininos e masculinos nos contos.