Finalizadas as obras de arranxo nas que o Concello investiu preto de 49.700 €
O Concello de Ordes vén de investir 49.653,40 euros na mellora da súa rede viaria. Grazas a isto as vías da Ermida, na parroquia de Beán, e o acceso ao Outeiro, en Nouche, presentan un novo aspecto.
No primeiro caso ao longo de tres treitos executouse a mellora da capa de rodaxe no pavimento e na zona de acceso, con aglomerado quente e tratamento asfáltico respectivamente. Para o arranxo da pista do Outeiro aplicouse tamén un tratamento asfáltico superficial e rego de selado. En todos os casos previamente realizouse reparación de fochas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo
Para rematar limpáronse as gabias e salvagabias, co fin de que a drenaxe das zonas, tanto lonxitudinal como transversal, se realice de maneira correcta.