Saturday 16 de November de 2024

O alumnado da Escola Municipal de Música Magariños celebra mañá venres o V Festival de Outono no polivalente de Brión


 

O salón de actos do centro social polivalente de Brión acollerá mañá venres 8 de novembro, ás 20:00 horas, a quinta edición do Festival de Outono. Un acto que incluirá un concerto a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música Magariños. A entrada é libre e de balde.

Medio cento de alumnos e alumnas da ESMU Magariños interpretarán unha selección de pezas clásicas para instrumentos de vento e percusión, “moi apropiados para este tempo de outono e que é un xeito de personalizar os concertos de ofrecemos”, explica Carlos Pintor, director da escola. O V Festival de Outono está organizado polo Concello de Brión e a Escola Municipal de Música Magariños. Conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.