O orzamento destinado polo Concello de Ordes a este proxecto supera os 48.300 €
O Concello de Ordes mostra a súa satisfacción polo bo ritmo que seguen as obras de arranxo da nova área de esparexemento situada a carón da igrexa de Parada, a cal agarda que estea rematada nas próximas semanas sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan. O orzamento total desta obra acada os 48.387,90 euros.
O proxecto inclúe a pavimentación de 930 metros cadrados, dos cales 850 executaranse con formigón armado desactivado, mentres que nos 80 restantes colocarase un lousado de granito moreno. Deixaranse tamén aberturas axardinadas, así como as formacións de sobreiras xa existentes. Contémplase tamén a instalación de bordos de formigón e chanzos de pedra granítica entre outros.
Por último colocaranse tres bancos e a plantación de árbores e sebes.